Arrestado un menor por presunto tráfico de drogas na Maruxaina

Noutra operación, a Garda Civil detivo o pasado sábado a dous veciños de San Cibrao, de 19 e 21 anos, por un delito de roubo con forza

Celebración da Maruxaina. AXM

EFE. A Garda Civil detivo a un menor na localidade lucense de San Cibrao, no marco da celebración da romaría A Maruxaina, arrestado como suposto autor dun delito de tráfico de drogas.

Os feitos tiveron lugar cando axentes da Benemérita identificaron a este menor no momento en que se atopaba supostamente consumindo haxix.

Inmediatamente fóronlle intervidas sete bolsas cunha sustancia branca no seu interior -supuestamente cocaína-, que alcanzaría para un total dunhas 25 doses no mercado.

Trala súa detención, o menor foi posto a disposición en custodia dos seus proxenitores e os axentes remitiron dilixencias á Fiscalía de menores de Lugo.

ROMPERON A PORTA DO LOCAL PARA ROUBAR

Por outra banda, a Garda Civil detivo dous veciños de San Cibrao, de 19 e 21 anos de idade, como supostos autores dun delito de roubo con forza nun bar.

Os feitos ocorreron o pasado sábado, cando supostamente as persoas prendidas entraron no interior dun establecemento hostaleiro.

Tras romper a porta de acceso, os supostos ladróns levaron o efectivo do cambio do almacén e da caixa rexistradora do establecemento.

DETIDOS HORAS DESPOIS DO FURTO

Os axentes da Benemérita, segundo expuxo a Garda Civil, localizaron e detiveron aos presuntos autores do furto, que foron postos a disposición xudicial apenas unhas horas despois de cometeren o delito.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here