EFE. A Garda Civil imputou en calidade de investigada este mércores pola tarde a unha veciña de Ribadeo como presunta autora dun delito de coaccións.
De acordo cun comunicado emitido pola Garda Civil, os feitos ocorreron na tarde do pasado sábado 3 de agosto, nun establecemento de hostalería da localidade ribadense. A persoa investigada ten 38 anos de idade.
INCIDENTE NUN BAR
Segundo expón a Benemérita, supostamente, no mesmo local, a muller investigada coaccionou a unha terceira persoa para que retirase unha denuncia que interpuxera con anterioridade contra un familiar seu. A persoa arrestada foi xa posta a disposición do Xulgado correspondente.
UN MENOR, INVESTIGADO POR LESIÓNS
A Garda Civil investigou ás 19.00 horas deste mércores a un menor de idade veciño de Ribadeo como presunto autor doutro delito de lesións.
Os feitos tiveron lugar durante a madrugada do pasado 17 de agosto na localidade de Ribadeo, onde supuestamente a persoa investigada agrediu a un terceiro, que presentou unha denuncia achegando un parte médico coas lesións sufridas. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.