O Concello de Foz advirte de que timadoras están a pedir diñeiro en casas particulares para colaborar coa Festa Normanda de Foz, que se celebrará a vindeira fin de semana.
Os membros da comisión piden cautela ante este fraude. Segundo expón o colectivo organizador, “Pablo, Andrea, Jacob, Rodrigo, Nuria e Olalla son as persoas que levan días visitando comercios e empresas, pedindo colaboración para a celebración desta festa”. En concreto, son dúas mulleres as que están tratando de lucrarse á conta dos festexos.
Os integrantes da comisión non están a acudir a domicilios particulares e “sempre aportarán un recibo, díptico e cartel”, precisan.
PROGRAMA
O programa festivo arrincará o venres, co pregón de Belinda Washington. A representación do ataque normando e da milagre do bispo San Gonzalo será o sábado ás 14.00 horas.
A festa prolongarase ata o domingo con demostración de oficios tradicionais, concertos, xogos populares e o desembarco infantil.