EFE. Axentes da Garda Civil imputaron como investigado a un mozo de 20 anos de idade como suposto autor dun delito de lesións logo de agredir a outra persoa durante unha pelexa.
Segundo informou a Benemérita a través dun comunicado de prensa, o investigado trátase dun veciño de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros, que supostamente agrediu a outra persoa e provocoulle á vítima cos seus golpes “policontusións“.
POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL
De acordo coa mesma información da Garda Civil, o investigado, un rapaz de nacionalidade romanesa, foi xa posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo.