Imputado un mindoniense por partirlle a cara a un surfista nunha praia de Barreiros

A vítima recibiu sete puntos de sutura no pómulo esquerdo por unha agresión do investigado

Praia de Lóngara, en Barreiros. AXM

EFE. A Garda Civil imputou como investigado por un suposto delito de lesións a un veciño de Mondoñedo de 57 anos de idade, por golpear a un surfista nunha praia de Barreiros e provocarlle unha ferida na cara, pola que tivo que recibir puntos de sutura.

Segundo informou o instituto armado, a imputación deste individuo produciuse o pasado 9 de setembro, aínda que os feitos sucederon o 24 de agosto na praia de Lóngara, no municipio de Barreiros.

OCORREU O 24 DE AGOSTO, NO AREAL DE LÓNGARA

O investigado, supostamente, agrediu a outro home que estaba “practicando surf” e que, por mor desa agresión tivo que recibir sete puntos de sutura no pómulo esquerdo. A persoa investigada foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here