A Garda Civil detivo na tarde do pasado xoves no concello de Mondoñedo a dous mindonienses de 43 e 44 anos como presuntos autores dos delitos contra a saúde pública –por cultivo de suposta marihuana– e de defraudación de fluído eléctrico.
Segundo informou o Instituto Armado, esta investigación iniciouse tras ter coñecemento de que nunha vivenda situada no termo municipal de Mondoñedo producíase “un consumo inusualmente elevado” de fluído eléctrico tras modificar con anterioridade o contador.
POSUÍAN 1,5 QUILOGRAMOS DESTA SUSTANCIA
Neste operativo localizouse e interviu no interior do inmoble un sistema de cultivo de marihuana, 1.500 gramos de supostamente marihuana e no exterior da vivenda 35 plantas desta mesma sustancia. As persoas detidas serán postas a disposición xudicial nas próximas horas.
ARRESTADOS DOUS BARREIRENSES BUSCADOS EN LEÓN
A Garda Civil detivo ás 11.00 horas do pasado día 17, no concello de Barreiros, a dous veciños dese mesmo municipio, ambos de 35 anos de idade, sobre os que pesaba unha requisitoria en vigor de procura e detención dimanante do Xulgado de Instrución nº 5 de León. As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.