InicioSucesosUn ancián falece ao caer co seu coche por un desnivel na...

Un ancián falece ao caer co seu coche por un desnivel na estrada de San Martiño

O turismo precipitouse por un desnivel e os servizos de emerxencias excarceraron ao home, veciño da parroquia e de 92 anos, xusto antes de que perecese

Publicada o

- Advertisement -

Un ancián de 92 anos, veciño de de Fozfaleceu en torno ao mediodía deste sábado ao saírse da vía e caer por un desnivel co seu vehículo cando circulaba pola estrada de San Martiño.

Segundo indica o 112, eran as 11.45 horas cando un particular informou o accidente ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE). Ademais de indicar que o coche se precipitou por un desnivel, o alertante asegurou que no seu interior había unha persoa que non podía saír.

Con estes datos, os xestores do 112 deron o aviso ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, a Tráfico e a Protección Civil.

Unha vez no punto, os bombeiros comunicaron que os membros do GES acababan de excarcerar ao único ocupante do turismo, que faleceu pouco despois de ser liberado.

DÚAS PERSOAS EXCARCERADAS NOUTRO ACCIDENTE

O municipio de Foz rexistrou outro accidente ao redor das 11.30 horas, cando un particular informaba ao 112 de que un vehículo se saíu da estrada que vai a Ferreira do Valadouro.

Ata o punto desprazáronse os bombeiros de Barreiros, xa que o alertante explicou que podía haber persoas atrapadas no interior do turismo. Tamén foron informados o 061- Urxencias Sanitarias de Galicia, os axentes de Tráfico, a Policía Local, o GES de Cervo e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, e despois de liberar aos dous ocupantes, os bombeiros comunicaron que o vehículo impactara contra un farol ao saírse da vía, o que provocara que o cableado queda tirado pola estrada.

Debido a iso, os xestores de emerxencias tamén requiriron a presenza do persoal de mantemento da vía e informaron á compañía de electricidade que abastece a zona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...