Tres obreiros do sector da madeira foron evacuados ao Hospital Público da Mariña tras resultar feridos ao sufrir o impacto dun cable nas súas pernas cando cortaban leña nunha finca do municipio mariñao de Ribadeo.
Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiron a alerta do suceso ao fío das 16.30 horas, grazas a un aviso de persoal sanitario. Daquela, o persoal do CIAE informou aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.
INVESTIGACIÓN ABERTA
As forzas da orde tratan de compilar toda a información sobre o incidente para investigar as súas causas.