Feridos tres obreiros ao impactarlles un cable nas pernas cando cortaban leña en Ribadeo

Os tres traballadores foron trasladados ao Hospital Público da Mariña

Imaxe de arquivo dun traballador cortando leña. AXM

Tres obreiros do sector da madeira foron evacuados ao Hospital Público da Mariña tras resultar feridos ao sufrir o impacto dun cable nas súas pernas cando cortaban leña nunha finca do municipio mariñao de Ribadeo.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiron a alerta do suceso ao fío das 16.30 horas, grazas a un aviso de persoal sanitario. Daquela, o persoal do CIAE informou aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

INVESTIGACIÓN ABERTA

As forzas da orde tratan de compilar toda a información sobre o incidente para investigar as súas causas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here