InicioSucesosFerida unha muller ao ser atropelada por unha furgoneta en Burela

Ferida unha muller ao ser atropelada por unha furgoneta en Burela

O incidente aconteceu este mediodía á altura do de peóns da confluencia entre as avenidas Arcadio Pardiñas e Eijo Garay

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller de 56 anos, M. V. R. T., resultou ferida ao ser atropelada por unha furgoneta este mediodía na confluencia entre as avenidas Arcadio Pardiñas e Eijo Garay da localidade de Burela.

O incidente, do que o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiu aviso ás 13.26 horas, produciuse á altura do paso de peóns ubicado fronte ao supermercado da cadena Gadis. Daquela, mobilizou ata a zona persoal de Urxencias Sanitarias-061, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo e da Policía Local.

TRASLADADA AO HOSPITAL

A muller caeu ao recibir o impacto do vehículo, conducido por N. P. L., pero o seu estado non parece revestir gravidade. Actualmente atópase en observación no Hospital Público da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...