Un home de 72 anos de idade, veciño da Pontenova, faleceu na mañá deste venres tras ser atropelado por un coche no termo municipal pontenovés.
Segundo os datos facilitados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o atropelo tivo lugar sobre as 11.00 horas deste venres no quilómetro 37 da estrada N-640, no casco urbán da localidade, nunha zona na que hai varias sucursais bancarias.
O 112 mobilizou á mencionada área a persoal de Urxencias Sanitarias-061, á Garda Civil de Tráfico e aos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova, pero os servizos de emerxencias non puideron facer nada por salvar a súa vida.
Fontes de Garda Civil informaron de que peón falecido foi identificado como un veciño da Pontenova de 72 anos.
RETENCIÓNS DE TRÁFICO
A Dirección General de Tráfico (DGT) advertiu de retencións de tráfico entre os puntos quilométricos 37,3 e 37,4, dado que a estrada xeral N-640, que comunica Castropol con Galicia, cruza polo medio da vila pontenovesa.