Imputado un camioneiro por conducir temerariamente dirección Viveiro tras ser gravado por un usuario da LU-540

A gravación mostrou como o condutor, que manexaba un camión de 40 toneladas, adiantou por zona prohibida e obrigou aos coches que viñan en sentido contrario a circular polo arcén

LU-540 ao seu paso por Merille. GOOGLE MAPS

EFE. A Garda Civil imputou como investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria a un camioneiro que foi gravado por outro usuario da vía mentres conducía con “temeridade manifesta” un vehículo pesado dunhas 40 toneladas pola LU-540, en dirección a Viveiro, co que puxo “en perigo a vida ou a integridade das persoas”.

Segundo informou o propio Instituto Armado, os feitos remóntanse ao pasado 7 de agosto, cando outro usuario desa vía autonómica gravou a un camión dunhas 40 toneladas que, malia que a calzada atopábase mollada, circulaba “anormal e esaxeradamente próximo ao vehículo que o precedía”.

Esa forma de conducir, “xa de seu irregular e prohibida”, aclara a Benemérita, “prolongouse durante varios quilómetros”, ata que finalmente o condutor fixo “un adiantamento nunha zona prohibida” e, ademais, no momento no que “outros dous vehículos circulaban en sentido contrario”. Para evitar a colisión co camión, ambos turismos víronse obrigados a reducir a velocidade e circular polo arcén.

DELITOS PENADOS CON ATA DOUS ANOS DE CÁRCERE

A persoa que presenciou e gravou os feitos púxoos en coñecemento da Garda Civil e da investigación fíxose cargo o Grupo GIAT, do Subsector de Tráfico de Lugo.

As investigacións realizadas permitiron localizar o vehículo e identificar ao condutor do mesmo, que foi imputado como investigado por un delito contra a seguridade vial, polo que se enfronta a unha posible pena de prisión de seis meses a dous anos, así como á privación de conducir vehículos a motor dun a seis anos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here