Falece un home en San Andrés de Boimente por picaduras de avespas

A vítima, de 44 anos, era alérxica á picadela destes animais e faleceu sen que os servizos de emerxencias poidesen facer nada

Avespa. WIKIPEDIA/RICHARD BARTZ

Un home de 44 anos faleceu na tarde do sábado en San Andrés de Boimente, no concello de Viveiro, por picaduras de avespas.

O falecido realizaba tarefas de desbroce nunha finca situada en Rozada. O seu acompañante deu a voz de aviso aos servizos de emerxencias, aos que alertou de que a vítima era alérxica á picadura destes animais.

O personal de urxencias sanitarias do 061 desprazado ao lugar non puido facer nada por salvar a vida do home.

VINTE MORTES AO ANO

Segundo datos do Ministerio de Sanidade, un 3% da poboación en España é alérxica á picadura das avespas, que mata arredor de vinte persoas cada ano.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here