InicioSucesosFerida unha anciá tras ser atropelada en Foz

Ferida unha anciá tras ser atropelada en Foz

O incidente aconteceu na rúa Salvador de Madariaga e a muller foi trasladada ao Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Unha anciá resultou ferida ao ser atropelada na noite deste domingo na rúa Salvador de Madariaga, no municipio de Foz.

Segundo informaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o incidente tivo lugar ás 20.51 horas, momento no que mobilizou á Policía Local, Protección Civil, GES de Cervo e aos servizos de emerxencias do 061.

CONSCIENTE PERO CON FERIDAS DE CONSIDERACIÓN

Fontes da Policía Local focega informaron de que o atropelo produciuse preto do Colexio número 1 focego e da Praza de Galicia. Segundo expuxeron as mesmas fontes, a muller estaba consciente pero padeceu feridas de consideración, cunha probable rotura de cadeira.

A anciá atropelada foi trasladada ao Hospital Público da Mariña.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...