A prisión un home por abusos sexuais á filla de doce anos da súa parella en Viveiro

O detido, de nacionalidade estranxeira e de mediana idade, aproveitaba a ausencia da muller para abusar da menor, o que aconteceu en varias ocasións

Comisaría de Policía de Viveiro. GOOGLE MAPS

A Policía Nacional detivo un home de mediana idade en Viveiro por abusos sexuais á filla de doce anos da súa parella.

Segundo informou a Policía Nacional a través dun comunicado, o home, de mediana idade e que non é oriundo da Mariña Lucense, aproveitaba a ausencia da muller cando esta ía ao traballo para cometer os abusos contra a menor, o que ocorreu en varias ocasións.

Segundo informaron fontes oficiais, a detención produciuse tras activar o protocolo do centro de saúde. A nena acudiu con familiares a unha consulta de atención primaria, onde os profesionais sanitarios acreditaron os abusos.

DETIDO AO SEU REGRESO DO ESTRANXEIRO

Logo de que se denunciase este suceso, a Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Viveiro fixo as xestións para localizar a este home, que se achaba fóra do país traballando no mar e foi detido ao seu regreso, tralo cal foi posto a disposición da autoridade xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here