InicioSucesosFalsos empregados dunha compañía eléctrica ameazan con cortar a luz a veciños...

Falsos empregados dunha compañía eléctrica ameazan con cortar a luz a veciños da Mariña

A Garda Civil iniciou unha investigación na comarca para identificar aos estafadores, que se presentan como traballadores de Viesgo

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil iniciou unha investigación na comarca da Mariña Lucense para tratar de identificar e localizar a varios individuos que se fan pasar por empregados dunha empresa subministradora e ameazan aos clientes con cortarlles a luz se non efectúan o pago que lles reclaman cando se presentan na súa casa.

Fontes da Comandancia de Lugo precisaron que, de acordo coa información compilada polos axentes encargados do caso, os supostos estafadores preséntanse nas casas das súas vítimas como empregados da compañía Viesgo.

OBRIGAN A COMPRAR UNHA TARXETA PREPAGO

Para facerse co seu diñeiro, ameazan aos clientes con cortarlles a luz no prazo “dunha hora” se non efectúan o pago dunha “suposta débeda“. Concretamente, para aboar esa débeda, as vítimas son obrigadas a comprar unha suposta “tarxeta prepago” emitida pola compañía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...