A Garda Civil detivo na madrugada do pasado domingo, día 27 de outubro, na localidade de Burela a un veciño de San Miguel de Reinante, do municipio mariñao de Barreiros, como suposto autor dun delito de lesións.
Segundo expuxo a Benemérita a través dun comunicado de prensa, os feitos tiveron lugar na localidade de Burela o pasado día 19 do actual mes, cando supostamente a persoa detida, de 34 anos de idade, agrediu a un terceiro, o cal presenta lesións que requiriron puntos de sutura tras ser atendido nun centro hospitalario.
POSTO A DISPOSICIÓN XUDICIAL
No mesmo comunicado, o Instituto Armado precisa que a persoa detida foi posta a disposición xudicial.