Un veciño de San Tirso falece nunha colisión en Trabada

O sinistro aconteceu sobre as 20.30 horas, no quilómetro 19,200 da estrada N-640

N-640 ao seu paso por Trabada. AXM

Un home faleceu na tarde deste martes, 29 de outubro, nunha colisión entre dous vehículos que se produciu á altura do quilómetro 19,200 da estrada N-640, no municipio lucense de Trabada, na zona de ría de Abres.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia tivo aviso do sinistro ás 20.29 horas. Mobilizou daquela á Garda Civil, Bombeiros de Barreiros e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova , así como medios sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias.

FERIDO LEVE

O falecido no sinistro era veciño do municipio asturiano de San Tirso de Abres e tiña arredor de 60 anos. O accidente deixou tamén un ferido leve.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here