InicioSucesosIES e Concello convocan concentracións pola vítima do crime de Foz, alumna...

IES e Concello convocan concentracións pola vítima do crime de Foz, alumna do centro

O pleno aprobará unha declaración institucional en repulsa de "todo tipo de violencia"

Publicada o

- Advertisement -

O IES de Foz celebrará desde as 11.30 horas deste martes, 5 de novembro, unha concentración de cinco minutos en repulsa do crime que lle custou a vida a Minaene Franco, de 36 anos, alumna do centro asasinada presuntamente a mans do seu fillo de 17 anos. O Concello convocou outra protesta en silencio, neste caso ás 20.00 horas na praza do consistorio, pola tráxica morte desta veciña do municipio.

O director do centro, Nicolás Asensio, expuxo que os compañeiros da vítima, que estudaba o ciclo superior de Dirección de Cociña, están “moi afectados” pola súa perda, pois “malia que a maioría son adultos teñen o recordo dunha persoa encantadora, que encaixou moi ben nun grupo que ademais non é moi numeroso, o que fai que fagas piña polas horas que pasas na cociña”.

A intención da dirección do centro é render homanaxe á vítima e “pararnos todos un minuto a reflexionar“.

Por outra banda, o Concello de Foz aprobará no pleno ordinario deste martes (20.30 horas) unha declaración institucional que condena “todo tipo de violencia“.

O texto, consensuado por todos os grupos políticos municipais, reza o seguinte: “hoxe o Concello de Foz recibiu unha triste, amarga e impactante noticia, coa que estamos absolutamente consternados. Á espera da confirmación oficial dun presunto crime de ámbito doméstico no noso pobo, o conxunto da corporación de Foz quere trasladar a súa firme condena a todo tipo de violencia. Tamén queremos enviarlles a tódolos veciños e veciñas un mensaxe de absoluta tranquilidade e de confianza nas forzas de orde público, que están a facer o seu traballo dunha forma profesional e exemplar. As nosas condolencias a amigos e familiares”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...