InicioSucesosPsicólogos do Grupo de Intervención en Catástrofes viaxan ao Monte Castelo pola...

Psicólogos do Grupo de Intervención en Catástrofes viaxan ao Monte Castelo pola morte do alumno

Os especialistas asesorarán ao profesorado do centro para lidiar coa conmoción que provocou o repentino falecemento do rapaz entre o alumnado

Publicada o

- Advertisement -

Os psicólogos do Grupo de Intervención en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), adscritos ao 112 Galicia, desprazaranse este martes ata A Mariña para traballar cos profesores do instituto Monte Castelo, de Burela, onde onte faleceu de forma repentina un adolescente de 13 anos de idade.

Fontes do propio servizo consultadas por Efe confirmaron que un grupo formado por tres profesionais saíu esta mañá de Santiago de Compostela, ás 07.45 horas, con dirección a Burela, coa intención de chegar ao centro sobre as 11.00 horas.

Despois do falecemento do adolescente, a dirección do centro solicitou apoio deste grupo especializado de psicólogos, que orientou telefónicamente aos profesores sobre as pautas a seguir nun primeiro momento, dada a conmoción que provocou no centro este deceso.

COMUNIDADE EDUCATIVA CONMOCIONADA

En principio, este martes darán apoio e asesoramento aos profesores do centro, para que saiban como manexar esta situación, pero se fose necesario tamén falarían con algún alumno ou grupo de alumnos, especialmente cos compañeiros de clase do falecido e con aqueles compañeiros máis próximos ao mesmo. En todo caso, inicialmente, non está prevista a atención directa por parte dos psicólogos ao alumnado.

O director do centro recoñeceu que este suceso foi “un pau moi gordo” para toda a comunidade escolar, que está conmocionada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...