InicioSucesosFoz espera comunicación do Xulgado sobre o destino do corpo de Minaene...

Foz espera comunicación do Xulgado sobre o destino do corpo de Minaene Franco

O goberno local e a parroquia xestionan facilitar unha sepultura por se fose necesaria

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz espera comunicación oficial que clarifique se se repatriará o cadáver ou se se enterrará no municipio o corpo de Minaene Franco, a muller asasinada supostamente a mans do seu fillo de 17 anos, de orixe brasileira e nacionalidade española, co que residía no municipio.

O pleno do Concello de Foz acordou o pasado martes decretar tres días de loito en homenaxe á vítima, cuxo corpo foi localizado na mañá do pasado luns no seu domicilio con feridas de arma branca.

O loito comezou ás doce da madrugada deste mércores día 6 e terminará o venres a media noite. Previamente á celebración da sesión plenaria, tivo lugar unha concorrida concentración en homenaxe á muller asasinada e en contra de calquera tipo de violencia convocada polo propio goberno municipal.

Mentres, na mañá do martes levouse a cabo outro acto no instituto de Foz onde a muller estudaba un curso superior de Dirección de Cociña, onde os compañeiros e equipo directivo gardaron un minuto de silencio para renderlle homenaxe.

O Concello acordou tamén unha declaración institucional na que, segundo manifestou o alcalde da localidade, Francisco Cajoto, “o conxunto da corporación lamenta o triste suceso e presunto crime de violencia doméstica, rexeitando calquera tipo de violencia e ao mesmo tempo transmite a súa pésame á familia, coñecidos e amizades da vítima”.

A poboación vai recobrando a normalidade tras o sucedido, segundo apuntou o alcalde, quen unha vez máis lamentou os feitos e resaltou que todo este capítulo produciu unha gran conmoción.

SEN FAMILIARES NA ZONA

Tralo ingreso do presunto autor do crime nun centro de menores, decretado o pasado martes polo Xulgado de Menores de Lugo, a localidade de Foz centra a súa atención no que pasará co corpo da vítima, que non ten familiares na zona.

De momento, segundo sinalou o rexedor municipal, o Concello mantense á espera do que comunique o Xulgado pertinente e a Fiscalía para saber que facer respecto diso. “Estamos pendentes das noticias por parte do xulgado e resto de organismos competentes para saber se procede a repatriación ou que é o que vai pasar”, declarou o alcalde focense.

Así mesmo, o rexedor apuntou que o Concello está en contacto con varios amigos da vítima que están en comunicación coa familia da falecida. Ademais, comentou que o Concello e a parroquia colaboran e realizan xestións por se fixese falta facilitar unha sepultura.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...