InicioSucesosAtrásase a repatriación da muller asasinada en Foz

Atrásase a repatriación da muller asasinada en Foz

Segundo os prazos que baralla a funeraria de Quiroga, prevese que se poida producir antes de que finalice a próxima semana

Publicada o

- Advertisement -

O corpo de Minaene Franco, supostamente asasinada polo seu fillo en Foz, será repatriado finalmente a próxima semana.

Segundo os prazos que baralla a funeraria de Quiroga, prevese que se poida producir antes de que finalice a próxima semana, xa coas xestións administrativas en marcha e todos os documentos listos.

A empresa embalsamou o corpo o mércores e dispón de oito días para proceder á incineración ou inhumación.

A repatriación está pendente da orde do Xulgado para autorizar o traslado e dos permisos sanitarios de Exterior e de Interior, así como do visado do Consulado que xa se están xestionando. E parte da documentación deberá pasar por notaria.

COLECTA BENÉFICA

A Foz chegaron dúas irmás da vítima para facerse cargo do corpo. Ademais, familiares e amigos de Minaene están pendentes da colecta benéfica para recadar fondos para a repatriación, cuxo custo se calcula nuns 13.000 euros. A semana pasada abriron unha conta en Abanca con nome “Conta solidaria con Mina“.

Para acadar máis fondos, a comunidade brasileira organiza unha comida benéfica nun restaurante de Foz rexentado por unha compatriota e planéase un acto benéfico en Madrid para lograr fondos.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...