InicioSucesosConvocan unha concentración en Viveiro ao considerar homófoba unha agresión de tres...

Convocan unha concentración en Viveiro ao considerar homófoba unha agresión de tres menores a un home

A falta da declaración dos presuntos agresores, a Policía Nacional entende que non hai datos obxectivos que permitan falar dun delito de odio

Publicada o

- Advertisement -

Ducias de persoas difundiron este luns a través das redes sociais a convocatoria dunha concentración, o vindeiro martes ás 20.00 horas na Praza Maior de Viveiro, para protestar contra o que consideran unha agresión homófoba perpetrada a madrugada do pasado domingo por tres menores a un home novo. Á espera de que declaren os presuntos agresores, a Policía Nacional asegura non atopar polo momento probas determinantes para considerar que houbo un delito de odio.

Os feitos aconteceron á saída dun pub do casco histórico viveirense, sobre as dúas da mañá. O denunciante relatou como os tres menores propináronlle un puñazo e patadas. O agredido tivo que recibir asistencia sanitaria por lesións leves no Punto de Atención Continuada (PAC) de Viveiro, mentres que un familiar fíxose cargo dos supostos agresores.

Segundo relatou na denuncia, a presunta vítima foi molestada polos rapaces, encarándose cun deles ao que preguntou: “quéresme pegar porque son gai?”, sendo agredida a continuación. Ao caer ao chan por mor do puñazo, recibiu patadas dos outros dous menores.

Colectivos como Avante ou a Rede Educativa de Apoio a Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais (LGTB) mostraron o seu respaldo á convocatoria, denunciando a “incompetencia institucional” que “deixa sen amparo ás vítimas“.

FONTES POLICIAIS PIDEN “CAUTELA”

A Policía Nacional descarta por agora que o móbil da agresión fose a condición sexual do agredido, o que constituiría un delito de odio e conlevaría a detención. Segundo fontes policiais, as pescudas da radiopatrulla que se desprazou ao lugar do suceso descartaron esta motivación nun principio e nin a declaración do denunciante nin a dunha testemuña presencial “ofreceron datos obxectivos” para activar o correspondente protocolo de acción, polo que piden “manter a cautela” ata que finalice a investigación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...