InicioSucesosDetidos dous veciños de Burela por tráfico de cocaína

Detidos dous veciños de Burela por tráfico de cocaína

A Garda Civil interviu aos arrestados, de 31 e 33 anos, doce gramos desta substancia

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na madrugada do pasado día 30 de novembro, na localidade lucense de Burela, a un home caboverdiano, de 31 anos de idade e a un varón portugués, de 33 anos de idade. Ambos os detidos son veciños do termo municipal burelao e foron arrestados como supostos autores dun delito de tráfico de drogas.

Segundo informou o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, nesta investigación policial os axentes interviron a ambos un total de doce gramos dunha substancia, supostamente cocaína.

No mesmo comunicado de prensa, a Benemérita precisa que as dúas persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...