Detido un menor en Burela por malos tratos á súa nai

O mozo, de 15 anos, foi levado a un centro onde se atopa "en garda e custodia"

Axente e coche da Garda Civil. EFE

Axentes da Garda Civil detiveron a un menor de 15 anos no municipio de Burela como presunto autor dun delito de malos tratos no ámbito familiar á súa nai. Segundo informaron fontes próximas á investigación, os feitos sucederon a semana pasada, o día 4 de decembro, nun domicilio na localidade burelá.

O menor foi detido por axentes do Instituto Armado por un delito de malos tratos no ámbito familiar e supostas ameazas con arma branca á súa nai. O mozo detido foi posto a disposición da Fiscalía de Menores de Lugo, que está á espera de recibir o atestado da Garda Civil sobre os feitos.

GARDA E CUSTODIA

Polo momento, a Xunta de Galicia fíxose cargo do menor, que foi levado a un centro onde se atopa “en garda e custodia“, confirmaron fontes da Fiscalía.

Unha vez que a Fiscalía reciba e estude o atestado, explicaron as mesmas fontes, decidirá se abre expediente de reforma -no caso de menores é o que equivale a dilixencias previas- se considera que hai indicios de delito.

Así mesmo, cando se aclaren os feitos estudarase a situación de garda e custodia do menor, quen non regresou ao domicilio familiar xa que tentou agredir a súa nai.

SEGUNDO SUCESO EN MESES

Trátase do segundo caso de supostos malos tratos por parte dun menor a súa nai na Mariña Lucense en pouco máis dun mes. Minaene Franco, brasileira e residente en Foz, faleceu no pasado mes de novembro presuntamente a mans do seu fillo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here