Un cura natural de Viveiro, que exerce en varias parroquias do municipio coruñés de Zas, Franciso Rafael Gómez-Canoura, chamou “manada de porcas” ás feministas na súa conta de Twitter nunha mensaxe que foi borrada pero cuxas capturas circulan polas redes sociais. Ademais, tamén cualificou de “imbéciles” aos votantes do BNG despois de que o deputado nacionalista Néstor Rego non participase na rolda de consultas do rei Felipe VI.
“Por que teño eu que soportar que unha manda de porcas me digan ‘O violador es ti‘? As violadoras sodes vós que tentades forzar as nosas conciencias“, publicou o pasado 12 de decembro na súa conta de Twitter o párroco, que decidiu ‘resetear’ o seu perfil na rede social.
Ese mesmo día, o cura tamén tuiteou sobre a rolda de consultas do rei Felipe VI para a investidura no Estado: “Eu son moi monárquico, máis que ningún de vós, moito máis. Pero o Rei é idiota ao designar ao Dr. Sánchez. Vai na súa contra”.
Sobre este último tema, o cura escribiu: “A deputada do BNG pola Coruña (sic) di que non se reúne co Rei porque non é unha figura democrática… Os que a votastes xa sabedes que sodes gilipollas ou queredes máis explicación?”.
PEDIU DISCULPAS
Con respecto a un tuit mío que anda por las redes, debo decir que su redacción ha sido en caliente, es inapropiado y desafortunado. Perdón a cuantos se hayan sentido ofendidos, no era mi intención.
Siempre he estado con la igualdad y contra todo tipo de violencia.
— Fco. Gómez-Canoura (@fcogomezcanoura) December 17, 2019
O párroco emitiu este martes un comunicado no que pide desculpas “aos que se sintan ofendidos” por un tuit que cualificou de “inapropiado e desafortunado“. Máis información no Galicia Confidencial.