InicioSucesosSete feridos nunha colisión entre un turismo e un camión na A-8,...

Sete feridos nunha colisión entre un turismo e un camión na A-8, á altura de Lourenzá

As sete persoas, as seis que viaxaban no coche e o condutor do camión, foron trasladadas ao Hospital Público da Mariña; tres menores requeriron de excarceramento

Publicada o

- Advertisement -

Un total de sete persoas resultaron feridas, entre eles tres menores, despois de bater un camión contra un turismo parado á altura do quilómetro 532 da Autovía do Cantábrico (A-8), á altura de Lourenzá.

Segundo a información ofrecida polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, recibiuse aviso do accidente ás 14.53 horas deste mércores. O vehículo atopábase parado na beiravía da autovía, en sentido Begonte.

Daquela, o 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Barreiros, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova, a Protección Civil de Lourenzá e á Garda Civil de Tráfico.

As sete persoas, as seis que viaxaban no coche e o condutor do camión, foron trasladadas ao Hospital Público da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...