Un incendio arrasou por completo unha palleira no concello lugués de Ribadeo, sen que ningunha persoa resultase ferida. Arderon diversos aveños e un vehículo que se gardaban no seu interior.
Todo comezou ás 01.30 horas desta madrugada, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que solicitaba axuda por un alpendre que ardía no lugar de Reme de Arriba.
Así, desde o 112 Galicia informouse os axentes da Garda Civil, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Barreiros para atallar as chamas do galpón.
Finalizadas as tarefas de extinción, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que, finalmente, ardeu por completo o interior do alpendre xunto con diversos apeiros e un vehículo que se atopaban no interior.