Unha muller resultou ferida ao ser atropelada na primeira hora da tarde deste xoves en Foz, segundo confirmaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia.
Segundo as mesmas fontes, o atropelo produciuse á altura do número 31 da rúa Cervantes. O 112 Galicia recibiu aviso do incidente por parte dun particular sobre as 14.00 horas.
Daquela, o CIAE mobilizou a persoal de Urxencias Sanitarias, de Protección Civil, da Policía Local, dos Bombeiros de Barreiros e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo.
A persoa ferida, unha muller, foi finalmente trasladada ao Hospital Público da Mariña.