InicioSucesosMorre un home tras ser rescatado do mar esta madrugada na praia...

Morre un home tras ser rescatado do mar esta madrugada na praia do Torno

O helicóptero de Salvamento Marítimo logrou achegar ao falecido, de 64 anos, ao areal, pero os servizos sanitarios non conseguiron salvarlle a vida

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 64 anos morreu na madrugada deste sábado tras ser rescatado do mar na praia do Torno, en San Cibrao, no municipio lucense de Cervo. Previamente, fora visto con dificultades no mar. O falecido, residente fóra do municipio, pasaba uns días coa súa familia, unha filla e un xenro, na vila.

Segundo informa o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112, o home foi rescatado polo helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia tras ser localizado no mar. En concreto, foi un particular quen, sobre as 6.00 horas da mañá, chamaba á central para avisar de que había alguén en dificultades.

Tras isto, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, de Salvamento Marítimo e de Gardacostas de Galicia. Tamén foron informados a Garda Civil e o GES de Cervo. Para cando recibiron a alerta, as correntes xa afastaran a esta persoa do areal.

Unha vez no lugar, o helicóptero de Gardacostas logrou aproximar ao home ata a praia, onde os servizos sanitarios esperábano. Con todo, estaba en parada cardiorrespiratoria e, malia tentar reanimalo durante arredor dunha hora, estes nada puideron facer por salvarlle a vida. O falecido, residente fóra do municipio, pasaba uns días coa súa familia, unha filla e un xenro, da vila.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...