Alertan da presenza de procesionaria no paseo de Malates

O Concello de Foz pide que se evite o contacto dos cans coas orugas, que poden provocar reaccións alérxicas, tamén aos nenos

Oruga procesionaria. WIKIMEDIA COMMONS

O Concello de Foz advertiu este venres da presenza da oruga procesionaria no paseo de Malates, especie que pode ser perigosa para as crianzas e mesmo mortal para animais coma os cans.

O goberno local advirte de que non se deixe que os cans toquen ou cheiren as orugas, que tenden a ubicarse nos piñeiros e soen desprazarse en fila.

Os síntomas máis habituais de contacto son os párpados inchados, a inflamación do fuciño e da lingua e un babeo esaxerado. Desde o executivo municipal instan á poboación a levar os animais ao veterinario de forma urxente de constatar estes indicios.

Inhalar os pelos da oruga, que conteñen veleno, pode producir desde urticarias ata reaccións alérxicas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here