Catro colectivos da Mariña Lucense –Asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz, Asociación Asistencial Protectora de Animais Bigotes Burela, Asociación Protectora de Animales Coletiñas de Cervo e Asociación Asistencial de Protección de Animales de Foz– figuran entre os asinantes de denuncia colectiva interposta no rexistro do Concello de Pontedeume, así como no da Policía Local, contra o axente que pateou a un gato que acaba de ser atropelado na vía pública e que estaba moribundo.
A escea foi gravada por varios estudantes que, nese momento, estaban nun autobús escolar. Nun comunicado conxunto, as asociacións denuncian o comportamento do policía, polo modo no que se desfixo do animal sen prestarlle axuda nin “asistencia veterinaria”.
Toda a información no Galicia Confidencial.