Catro protectoras da Mariña asinan a denuncia colectiva contra un policía que pateou un gato atropelado

As asociacións critican que o axente implicado "non prestase axuda nin atención veterinaria" ao animal moribundo

O axente, no momento en que aparta violentamente ao gato da estrada. GALICIA CONFIDENCIAL

Catro colectivos da Mariña LucenseAsociación Protectora de Animais Valadouro AlfozAsociación Asistencial Protectora de Animais Bigotes Burela, Asociación Protectora de Animales Coletiñas de Cervo e Asociación Asistencial de Protección de Animales de Foz– figuran entre os asinantes de denuncia colectiva interposta no rexistro do Concello de Pontedeume, así como no da Policía Local, contra o axente que pateou a un gato que acaba de ser atropelado na vía pública e que estaba moribundo.

A escea foi gravada por varios estudantes que, nese momento, estaban nun autobús escolar. Nun comunicado conxunto, as asociacións denuncian o comportamento do policía, polo modo no que se desfixo do animal sen prestarlle axuda nin “asistencia veterinaria”.

Toda a información no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here