EFE. Un home acusado de abusar sexualmente dunha nena de doce anos na casa dos seus pais, na comarca da Mariña Lucense, aceptou este xoves unha pena de dous anos de cárcere, ademais da prohibición de achegarse á vítima durante unha década e o pago dunha indemnización de 4.500 euros.
Inicialmente, o fiscal pedía para o acusado, que este xoves ía ser xulgado na Audiencia Provincial de Lugo, unha pena de catro anos de cárcere, a prohibición de comunicarse coa vítima por calquera medio durante 14 anos, outros oito anos de liberdade vixiada e o pago dunha indemnización de 12.000 euros por danos morais.
AMIGO DA FAMILIA DA VÍTIMA
No escrito de acusación, o ministerio fiscal sostén que o acusado, “en data indeterminada, pero en todo caso antes do verán de 2017”, atopábase en casa dos pais da nena, porque era “amigo da familia“, e aproveitou esa circunstancia para abusar da menor, que entón tiña doce anos.
“Co propósito de obter unha satisfacción sexual a costa dela, comezou a tocala en determinadas partes do seu corpo e intentou bicala repetidas veces nos beizos“, afirma o fiscal, “pedíndolle que lle tocase os seus partes“.
“Desa forma, produciuse contacto corporal con significación sexual e inconsentido pola menor”, precisa, dado que “non tiña nin a madurez mental nin a formación adecuada para iso”.
ORDE DE AFASTAMENTO
Ademais, aclara que “o comportamento do acusado produciu na menor consecuencias negativas tales como sentimento de culpabilidade“.
Por mor destes feitos, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Viveiro dictou un auto o 26 de marzo de 2018 para prohibir que o acusado se aproximase á menor a menos de 100 metros.
ACORDO ENTRE A DEFENSA E A FISCALÍA
Ao carecer de antecedentes penais, o acusado non entrará en prisión, o que foi determinante á hora de alcanzar un acordo coa Fiscalía, tal e como expuxo o avogado. A defensa recoñecía que estaban “satisfeitos” coa conformidade, tendo en conta que “poderá facer vida normal“.
“El tamén ten unha filla pequena e ten que alimentala e ten que traballar, loxicamente sempre hai intereses que pesaron sobre outros e era un risco que se celebrará o xuízo”, apuntou.