Un ferido tras colisionar o seu coche contra un camión en Foz

Os bombeiros excarceraron o condutor do turismo, que foi trasladado ao Hospital da Mariña

Estrada do Bispo Santo a San Martiño. GOOGLE MAPS

Un home resultou ferido este luns tras colisionar o coche que conducía cun camión na estrada de Bispo Santo a San Martiño, no municipio de Foz.

Segundo informaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o sinistro produciuse arredor das 14.18 horas, á altura do punto quilométrico 0,500 da estrada. O condutor do turismo tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Barreiros e foi trasladado ao Hospital da Mariña.

O 112 mobilizou dúas ambulancias, unha medicalizada e outra asistencial do servizo de Urxencias Médicas do 061, e tamén á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Protección Civil e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here