Timan máis de 30.000 euros a dúas mariñás coa estafa do “militar americano”

A última vítima, unha viveirense que transferiu 17.000 euros a un falso médico do Exército estadounidense, que lle solicitaba diñeiro para establecerse en España

Comisaría de Policía de Viveiro. GOOGLE MAPS

Unha veciña de Viveiro pagou máis de 17.000 euros por mor dunha estafa a través de Internet, coñecida como o o timo do “militar americano“.

A estafa consiste en que un falso médico do Exército estadounidense, destinado en Afganistán, ponse en contacto con outras persoas a fin de solicitarlles diñeiro para, supostamente, montar unha clínica e regularizar a súa situación en España. A vítima suscribiu préstamos por cantidades descoñecidas cunha suposta financieira.

O falso médico apropiouse dos 17.000 euros a través de varias solicitudes. No mes de xullo do 2019, cando realizou a primeira das peticións de diñeiro, outra vítima da Mariña Lucense entregoulle a un estafador máis de 15.000 euros co mesmo timo.

COMPRA DUN GATO

A Policía Nacional recibiu denuncia por outra estafa a través da rede, neste caso ao tentar mercar un gato nunha web supostamente especializada. O estafador reclamoulle máis diñeiro do inicialmente previsto para en teoría cubrir gastos sanitarios ou transporte, levando máis de 3.000 euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here