InicioSucesosUn home ao que buscaba a Garda Civil foi localizado no interior...

Un home ao que buscaba a Garda Civil foi localizado no interior dun túnel ferroviario en Xove

O maquinista do tren deu aviso da presenza deste individuo, que desaparecera dunha residencia de maiores. Presentaba varias lesións, aínda que polo de agora non se coñecen as causas.

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 61 anos que estaba a ser buscado pola Garda Civil foi localizado este domingo nun túnel do tren de Xuances, ao seu paso polo termo municipal de Xove. O afectado presentaba varias lesións, das que se descoñecen as causas.

Pasadas as 20.00 horas do domingo, o maquinista do tren alertou da presenza do home, M. V. R., a través do servizo de seguridade de Renfe, de maneira que se puido activar un dispositivo de rescate e atención ao ferido. O home, que “ía andando pola vía”, foi evacuado no propio tren ata o apeadeiro de Xuances, onde esperaban os servizos sanitarios de Urxencias, membros do GES de Cervo e axentes da Garda Civil.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia, o afectado presentaba diversas lesións, pero non se sabe se estas foron provocadas por unha caída mentres se desprazaba polas vías de tren ou se foron ocasionadas por un golpe co propio convoi. Logo de ser atendido no lugar, o home foi evacuado ao Hospital da Costa.

Os axentes da Garda Civil encargáronse de recoller todos os datos relacionados co suceso, pois xa buscaban a esta persoa antes de que fose localizado polo maquinista. Segundo explicaron, tratábase dun residente que desaparecera dun centro de maiores.

CORTE DE CIRCULACIÓN

A operación de rescate e atención ao ferido obrigou a cortar a circulación ferroviaria en sentido Ferrol durante algo máis de dúas horas, polo que os pasaxeiros tiveron que ser trasladados en autobús aos seus destinos. Unha vez se deron as condicións de seguridade necesarias, Renfe reactivou a circulación, segundo sinalou o 112.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...