Detidos dous cervenses por roubar bicicletas valoradas en 5.000 euros nun trasteiro de San Cibrao

Os arrestados, de 22 e 24 anos, son os presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas e danos

Vehículo da Garda Civil. AXM

A Garda Civil detivo este luns, 3 de febreiro, na localidade lucense de Burela a dous veciños de Cervo de 22 e 24 anos de idade e a un menor de idade veciño de Lugo. Os tres arrestados son presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas e danos.

Os feitos tiveron lugar o pasado mes de xaneiro en cinco trasteiros dun edificio situado na localidade de San Cibrao, nos cales se substraeron varias bicicletas valoradas nuns 5.000 euros, estando pendente de valoración os danos causados.

UN INVESTIGADO

No marco desta investigación policial procedeuse así mesmo a imputar como investigado a un veciño de Monforte de Lemos de 42 anos de idade, pola mesma causa. As persoas detidas e investigada serán postas a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here