InicioSucesosIdentifican cunha cámara oculta ao autor de danos por 10.000 euros en...

Identifican cunha cámara oculta ao autor de danos por 10.000 euros en vehículos de Viveiro

O suposto autor acumulaba dez ilícitos desde 2017 perpetrados no mesmo párking da rúa Bergantín Palomo, en Covas

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional identificou a un home como autor dos danos en vehículos que se atopaban no párking comunitario da rúa Bergantín Palomo, en Covas (Viveiro), onde se documentaron dez ilícitos desde 2017 con desperfectos valorados en 10.000 euros.

TRES VÍTIMAS

Os feitos veñen ocorrendo desde 2017 na rúa Bergantín Palomo e as vítimas eran sempre as tres mesmas persoas, o que centrou a investigación nalgún tipo de vinganza ou animadversión persoal do autor cara ás mesmas, xa que no garaxe comunitario de tres plantas aparcan un gran numero de vehículos.

Unha das vítimas, a raíz dos últimos danos rexistrados na súa motocicleta no pasado mes de xaneiro e cuxo coche tamén fora obxecto de desperfectos en polo menos dúas ocasións no 2018, optou por instalar un dispositivo de vídeo vixilancia interna nos seus vehículos, que permitiu gravar ao autor dos feitos e ser sorprendido “in fraganti” polo prexudicado.

FACÍASE PASAR POR EMPREGADO DE MANTEMENTO

O autor residía na localidade desde 2017, data en que comezaron os danos, e aproveitaba o acceso ao parking facéndose pasar por empregado dunha coñecida empresa de mantemento que realizaba labores propios no devandito lugar.

As denuncias foron recompiladas e deuse conta da investigación ao Xulgado de Garda da localidade viveirense.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...