(AMPLIACIÓN) Ileso o condutor dun coche que caeu ao mar no porto de Burela

O ocupante, un veciño de Ribadeo de 51 anos, puido saír nadando do vehículo, un todoterreo

Porto de Burela. TURISMO DE GALICIA

Ramón González Rey/Efe. O condutor dun coche que caeu na mañá deste luns ao mar no porto de Burela puido saír do coche polos seus propios medios e resultou ileso.

O vehículo, un todoterreo, caeu ao mar ás 10.20 horas desta mañá e unha testemuña alertou ás autoridades de que había unha persoa dentro, informaron a Efe fontes da Garda Civil.

Varios equipos acudiron rápidamente ao porto de Burela para intentar rescatar ao ocupante do vehículo, que logrou saír ileso. Segundo fontes oficiais, trátase dun veciño de Ribadeo, de 51 anos.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiu aviso sobre as 10.28 horas, cando advertiu a Urxencias Sanitarias-061, Policía Local de BurelaBombeiros de Barreiros, Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas.

Os servizos de urxencias traballan agora para intentar sacar o vehículo do auga.

UN FERIDO NUNHA SAÍDA DE VÍA EN COVAS

Na mañá deste luns produciuse unha saída de vía en Covas que provocou un ferido. Foi o propio implicado quen advertiu ao 112 Galicia de que o seu vehículo envorcara entre os quilómetros 80 e 81 da LU-862, a estrada do Vicedo a San Cibrao.

O CIAE advertiu a Policía Local, Bombeiros de Viveiro, Protección Civil do Vicedo e o servizo de mantemento da vía, que sacou o vehículo da estrada. Finalmente solicitouse unha ambulancia para levar ao ferido ao Hospital Público da Mariña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here