EFE. A muller de 25 anos, natural de Avilés, ingresada no Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA), ubicado en Oviedo, por un posible caso de coronavirus que obrigou a activar o protocolo de actuación ante a enfermidade, deu negativo nas primeiras probas ás que foi sometida.
A paciente, que inicialmente se trasladara ao hospital avilesino de San Agustín ao presentar síntomas despois dunha viaxe a Venecia, permanecía illada nun box específico no servizo de Urxencias do HUCA, o hospital de referencia no Principado para a análise de posibles casos de coronavirus, onde se lle tomou unha mostra de exudado farínxeo e se lle realiza un seguimiento permanente.
SETE FALECIDOS E 231 AFECTADOS EN ITALIA
Tras recordar que as autoridades tanto internacionais como nacionais están facendo un seguimento continuo da situación, a Consellería de Saúde asturiana incidiu en que o coronavirus é unha enfermidade leve cunha “letalidade moi baixa” que afecta especialmente a persoas moi maiores con enfermidades crónicas.
Ante o brote rexistrado en Italia, onde xa hai 231 casos confirmados e sete falecidos, o Ministerio de Sanidade convocou de xeito urxente para este martes ás comunidades autónomas co obxectivo de reforzar as medidas de detección precoz.