(AMPLIACIÓN) A muller de Avilés ingresada no HUCA dá negativo nas primeiras probas por coronavirus

A rapaza, de 25 anos, permanecía nun box específico despois de que regresara de Venecia con síntomas compatibles coa enfermidade

HUCA. AXM

EFE. A muller de 25 anos, natural de Avilés, ingresada no Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA), ubicado en Oviedo, por un posible caso de coronavirus que obrigou a activar o protocolo de actuación ante a enfermidade, deu negativo nas primeiras probas ás que foi sometida.

A paciente, que inicialmente se trasladara ao hospital avilesino de San Agustín ao presentar síntomas despois dunha viaxe a Venecia, permanecía illada nun box específico no servizo de Urxencias do HUCA, o hospital de referencia no Principado para a análise de posibles casos de coronavirus, onde se lle tomou unha mostra de exudado farínxeo e se lle realiza un seguimiento permanente.

SETE FALECIDOS E 231 AFECTADOS EN ITALIA

Tras recordar que as autoridades tanto internacionais como nacionais están facendo un seguimento continuo da situación, a Consellería de Saúde asturiana incidiu en que o coronavirus é unha enfermidade leve cunha “letalidade moi baixa” que afecta especialmente a persoas moi maiores con enfermidades crónicas.

Ante o brote rexistrado en Italia, onde xa hai 231 casos confirmados e sete falecidos, o Ministerio de Sanidade convocou de xeito urxente para este martes ás comunidades autónomas co obxectivo de reforzar as medidas de detección precoz.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here