Un home faleceu este mércores despois de que a motocicleta que conducía saíse da vía no municipio de Viveiro. O finado, veciño do concello, tiña 66 anos.
Segundo confirmaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 12.46 horas, concretamente na estrada CP-6602, en Portochao, na parroquia de Galdo, pasada a ponte desta localidade sobre a ría de Viveiro.
Tras recibir a advertencia por parte dun particular, o persoal do 112 Galicia mobilizou daquela á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Bombeiros de Viveiro e Policía Local, que foi a que confirmou a morte desta persoa.