EFE. Un rapaz de 22 anos resultou ferido de gravidade esta mañá tras ser atropelado na localidade lucense de Foz e foi evacuado de urxencia nunha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Público da Mariña.
Segundo informou a EFE o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) de Galicia, foi o propio 061 o que avisou do accidente a través do 112 ás 09.03 horas. O atropelo produciuse na travesía de Foz, moi preto do instituto da localidade. O 112 mobilizou para auxiliar á vítima, de iniciais A. E. K., á Policía Local, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, aos Bombeiros de Barreiros e Protección Civil.
Tras recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do accidente, o home foi evacuado ao Hospital Público da Mariña na Unidade de Vixilancia Intensiva (UVI) móbil da bisbarra.