InicioSucesosUn ferido nunha colisión lateral en Barreiros

Un ferido nunha colisión lateral en Barreiros

O accidente produciuse sobre as 20.41 horas, na glorieta de acceso á A-8

Publicada o

- Advertisement -

Unha colisión lateral entre dous coches na rotonda de entrada á Autovía do Cantábrico (A-8), á altura do municipio de Barreiros, saldouse cun ferido leve.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia recibiu aviso do sinistro sobre as 20.41 horas deste luns. En concreto, o accidente produciuse na glorieta que enlaza o polígono industrial barreirense coa entrada á autoestrada.

Daquela, o 112 Galicia mobilizou a operarios de Urxencias Sanitarias, Protección Civil de Barreiros, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Barreiros.

Segundo precisaron fontes oficiais, só unha das persoas ocupantes dos vehículos requeriu atención médica e as restantes saíron ilesas do choque.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...