InicioSucesosCondenado a 21 anos e nove meses por tentar asasinar a súa...

Condenado a 21 anos e nove meses por tentar asasinar a súa ex parella e o seu fillo en Foz

O tribunal considera probado que quixo matar á súa ex moza e ao fillo dela abrindo os fogóns da cociña da casa; non poderá achegarse á vila focega nun período de 27 anos

Publicada o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a 21 anos e nove meses de cárcere a un home, Luis Miguel S. V., que en marzo de 2018 intentou asasinar á súa ex parella e ao fillo da muller, ao abrir os fogóns da cociña na que ambos residían en Foz e as bombonas dunha estufa e dun quentador.

Ademais, foi sentenciado á prohibición de residir ou acudir á localidade de Foz durante 27 anos.

O imputado, segundo consta na sentenza, “non aceptaba a separación” da súa compañeira sentimental e “con ánimo de acabar coa súa vida e a do seu fillo menor de idade“, accedeu ao domicilio de Foz no que residían.

Unha vez alí, abriu as bombonas de gas butano e os catro fogóns da cociña, o quentador e a estufa de gas, “con coñecemento e con vontade de que coa súa actuación lles produciría a morte cando chegasen á vivenda”.

O tribunal destaca que o sospeitoso non conseguiu o seu propósito porque cando a súa ex parella chegou ao inmoble percibiu o forte cheiro a gas, polo que “non accionou a chave da luz nin acendeu o cigarro que tiña por costume ao entrar na cociña”. Tamén fai constar que ese día o menor non se atopaba na vivenda porque se quedou cos seus avós.

ROUBO CON FORZA

O tribunal, ademais das penas de prisión, prohibiulle ao sospeitoso comunicarse e aproximarse á súa ex moza durante 18 anos; e, ao fillo da muller, durante 9 anos.

Ademais de por dous intentos de asasinato, o home foi condenado como autor dun delito de roubo con forza en casa habitada, danos e quebrantamento de condena.

Os maxistrados consideran acreditado que o acusado apoderouse e rompeu diversos obxectos do interior do domicilio da súa ex parella.

CONSTABA ORDE DE AFASTAMENTO

Entre os danos que causou figuran a fractura dun televisor e o cristal dunha foto da súa ex moza, da que tiña ordes de afastamento. EFE

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...