Detido un policía en prácticas por bater na súa parella na Maruxaina

O suposto agresor foi posto a disposición do Xulgado de Viveiro e a Policía Nacional valorará as medidas disciplinarias a tomar

Maruxaina. TURISMO DE GALICIA

A Policía Nacional en Vigo decidirá as medidas disciplinarias que toma con respecto a un axente en prácticas destinado na cidade olívica que foi detido pola Garda Civil de Lugo por supostamente maltratar á súa parella durante a celebración da Maruxaina, en San Cibrao.

A detención produciuse na madrugada do sábado ao domingo, sobre as tres da mañá, despois da alerta dun garda de seguridade.

O axente en prácticas foi detido e posto a disposición do xulgado de Viveiro. Agora será a propia policía a que tome as medidas disciplinarias oportunas, que poden incluír a retirada da arma, segundo fontes da investigación.

“PUÑADAS E EMPURRÓNS”

Varias testemuñas e a propia vítima relataron como esta moza, de 25 anos, fora agredida con “puñadas e empurróns“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here