InicioSucesosRescatan unha muller que se tirou ao mar xunto á lonxa nova...

Rescatan unha muller que se tirou ao mar xunto á lonxa nova de Celeiro

A persoa auxiliada foi trasladada ao Hospital da Mariña, onde se atopa en bo estado de saúde

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/axencias. Unha muller resultou ferida na mañá deste mércores logo de tirarse ao mar xunto á lonxa nova de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro. A muller foi rescatada en lancha e trasladada ao Hospital Público da Mariña, onde se atopa en bo estado.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, foi unha persoa particular quen advertiu do ocorrido, sobre as 11.40 horas. Trala alerta, púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do servizo municipal de Protección Civil, dos Bombeiros de Viveiro e da Policía Nacional e Local.

Unha vez foi rescatada, esta persoa foi trasladada nunha ambulancia ao hospital. Actualmente atópase en bo estado de saúde, segundo precisaron fontes oficiais. A propia muller auxiliada, precisan as mesmas fontes, asegurou que non se tratou dunha caída senón que se tratou dunha tentativa de suicidio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...