InicioSucesos(AMPLIACIÓN) Falece un ribadense nunha colisión entre camións na A-8, á altura...

(AMPLIACIÓN) Falece un ribadense nunha colisión entre camións na A-8, á altura de Barreiros

Por agora non trascendeu o número de feridos e a autovía fica cortada en ambos sentidos

Publicada o

- Advertisement -

Un ribadense faleceu nun accidente de tráfico entre dous camións que ocorreu na A-8, a Autovía do Cantábrico, á altura do punto quilométrico 527, preto de Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros.

Segundo confirmaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, a colisión aconteceu sobre as 16.00 horas deste mércores. Daquela mobilizouse a Bombeiros de Barreiros e Vilalba, Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil de Barreiros e Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo.

Segundo os primeiros indicios, un camión que transportaba combustible colisionou contra o outro vehículo pesado, envorcou e estoupou.

O OUTRO CONDUTOR, LIBERADO E ACCESIBLE

Debido ao impacto entre os vehículos, un dos condutores perdeu a vida. No tocante ao outro, desde o 112 informaron a Efe que estaba “liberado e accesible“, pero o persoal do servizo de urxencias sanitarias continúa a traballar no punto e, polo de agora, non trascenderon máis datos sobre o seu estado de saúde.

Ao peche desta información (17.47 horas), habilitarase a circulación alomenos en sentido Oviedo, despois de que os equipos de emerxencia restableceran as condicións de seguridade.

Segundo confirmou o Concello de Barreiros, un dos vehículos transportaba combustible, polo que se incendiou, de aí a espectacular fumareda que motivou o sinistro.

Segundo confirmou a mesma fonte, a situación está controlada e os fumes derivados do incendio non revisten importancia para a cidadanía.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...