Catro persoas dunha familia foron evacuadas na madrugada deste luns da súa vivenda situada en Landrove, Toxeiras, no municipio de Viveiro, debido a un posible escape de gas motivado pola mala combustión dunha cociña de leña. Así o informou o Centro Integrado de Atención ás Dependencias (CIAE) do 112 Galicia.
Pasados uns minutos das 00.30 horas, un dos afectados chamou ao 112 Galicia para pedir axuda e indicou que os seis membros da familia, dous adultos e catro menores, atopábanse mal.
Tras pasar o aviso inmediato aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que sinalaron a posibilidade de tratarse dun escape de gas, o 112 informou os Bombeiros de Viveiro.
Tamén puxeron os feitos en comunicación da Policía Nacional, Local, dos efectivos de Protección Civil da localidade e do persoal da empresa subministradora do gas da zona.
Os bombeiros, unha vez no lugar e feitas as correspondentes medicións, comprobaron que a intoxicación por monóxido de carbono tivo a súa orixe na cociña de leña e aconselleron que os profesionais sanitarios ventilaran a vivenda e que trasladasen a catro persoas da familia ao Hospital Público da Mariña.